Quantcast
Channel: Xerais » clásicos_galegos
Viewing all articles
Browse latest Browse all 6

Tras a pegada dun gran poeta do mar: «A narrativa mariña» de López Abente

0
0

O xornal Sermos Galiza publica unha información sobre A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente.

 

Tras a pegada dun gran poeta do mar

A redescuberta de Gonzalo López Abente sobe un chanzo coa publicación de A narrativa mariña. A Fundación de Muxía dedicada ao escritor marcouse o obxectivo reeditar a súa obra para lle dar o lugar de transcendencia que merece na literatura galega. O ano próximo, con gallo do cincuenta aniversario da súa morte, verá a luz a obra poética completa.

O vicepresidente da Fundación, X.H. Rivadulla Corcón non aforra entusiasmo á hora de destacar a obra do autor muxián. “Estamos diante dun dos grandes poetas do mar, á altura de Manuel Antonio, como teñen dito investigadores e críticos como Méndez Ferrín ou Miro Villar”, di. Bate así contra un esquecemento que, até hai ben pouco, botaba terra sobre a memoria dun autor cunha obra sen excesiva sorte editorial. “Unha das razóns para que López Abente non estea entre os grandes da nosa historia literaria é a má fortuna da súa obra, que deixou de estar en circulación nos últimos tempos” indica Rivadulla Corcón.

Para situar a figura do escritor, remítese a Risco ou Otero Pedrayo para quen Abente era un dos grandes poetas do seu tempo. Fundador das Irmandades da fala, autor dunha obra monolingüe en galego, académico que leu en 1941 o seu discurso na nosa lingua, primeiro presidente da primeira Asociación de Escritores Galegos e home de firmes conviccións nacionalistas semella que este ronsel de datos se esvaen na memoria literaria galega sen darlle aínda a López Abente o lugar merecido. Desde a Fundación López Abente están por dar a volta á moeda e traer á actualidade os títulos que obrigarán a unha relectura da súa obra e a súa transcendencia. “A publicación recente da obra inédita Bretemada (Alvarellos) foi, nese sentido, fundamental. Méndez Ferrín afirmou que se se editase no seu tempo, a historia da literatura galega leríase de xeito distinto” afirma Rivadulla Corcón. A publicación de Bretemada, en edición de Miro Villar, principal estudoso da súa obra, supuxo a descuberta dun libro de 1922 que até entón ficaba depositada nos arquivos da Real Academia Galega.

Cincuenta aniversario da morte

En 2013 farase o 50 aniversario da morte do escritor que viviu sempre en Muxía e, para esa data, a Fundación ten previsto publicar a  obra completa. Para iso  chegou a un acordo con Espiral Maior, selo que publicará os oito títulos poéticos na colección Ópera Omnia da man de Miro Villar, investigador que xa publicou unha antoloxía poética do autor en 1995. Na carteira teñen tamén a publicación da obra teatral María Rosa, representada no seu tempo polas Irmandades da Fala con Antón Vilar Ponte no elenco.

“O obxectivo principal é rehabilitar o autor pondo a súa obra en circulación” sinala Rivadulla Corcón. Alén diso, a liña de traballo da entidade que naceu en Muxía é converterse en foco de dinamización cultural na Costa da Morte. Con ese fin comezaron xa unha colaboración estábel coa Fundación Pondal, irmandando dúas fundacións que, por natureza, están chamadas a estabelecer unha relación na memoria da que mantiveron os seus dous escritores. “Eran curmáns e López Abente entra na Academia cun discurso sobre Pondal” comenta Rivadulla. Para o verán de 2013 prevén ter finalizado o roteiro que vai desde Ponteceso até Muxía, á aldea de Nemiña onde ía Pondal cada día a estudar.

C.V.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 6

Latest Images

Trending Articles


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


ESTESÍCORO [15.607] Poeta de Grecia


Kendo Kaponi Feat. Pacho Y Cirilo - SakaMostro (Acapella Studio).mp3


Daddy Yankee - Lovumba (Instrumental exclusivo) + acapella original


Metal Sonic


CHOQUE | Falleció un joven de 28 años del SPF


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ALBERTO TORÉS GARCÍA [18.413]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


FELIPE MACHMAR [19.994]


Baby Rasta & Gringo Feat. Farruko - Lo De Ella Es Fichuriar (Acapella +...


XLR8 – Ben 10


YONNY RODRÍGUEZ [20.213]


VIRGINIA NEGRI [16.924] Poeta de Argentina


El Roockie - Parece Sincera (Instrumental) (Original de Estudio) Link Directo


MARIO DUX CASTEL [9616]


MARTHA CECILIA ORTÍZ QUIJANO [17.841] Poeta de Colombia


JAVIER VELAZA FRÍAS [19.204]


PILAR ARANDA [19.527]


Busto Deathwing